Thursday 19 de September de 2024

A Xunta subliña o importante traballo que desenvolven os membros das Asociacións de Voluntarios de Protección Civil


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitaron a sede da Agrupacións municipal de Voluntarios de Protección Civil de Boqueixón

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o importante traballo que levan a cabo os membros da Asociación de Voluntarios de Protección Civil no eido das emerxencias na nosa comunidade.

Rueda, quen visitou xunto co director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, as instalacións da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil de Boqueixón, resaltou o traballo do persoal das agrupacións de Protección Civil en todo tipo de tarefas, xa sexan de emerxencia, humanitarias ou de apoio a institucións e cidadáns, salientando que estas agrupacións constitúen un referente na nosa sociedade, e o seu traballo merece un continuo recoñecemento por parte dos cidadáns.

O vicepresidente tamén destacou que a Xunta recoñece e apoia este traballo coa oferta de formación continua que ofrece a través da Academia galega de seguridade Pública, así como coa dotación de medios materiais.

Precisamente, o Diario Oficial de Galicia publica unha resolución http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151221/AnuncioG0244-151215-0003_gl.pdf pola que se resolve a adxudicación de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que beneficia a un total de 31 concellos, que recibirán remolques para emerxencias e todoterreos pick-ups, unha axuda da que xa se beneficiou o concello de Boqueixón.